Mancomún
Mércores, 20 Xullo 2022

Libreboot 20220710

Enlace externo

Novo lanzamento do firmware de arranque Libreboot, a versión 20220710.

Libreboot é un firmware de arranque libre, que inicializa o hardware do computador para que o software poida executarse. Substitúe ao firmware propietario BIOS/UEFI que adoita atoparse nun computador. Libreboot é compatible coa arquitectura Intel/AMD x86, e funciona ben cos sistemas operativos GNU+Linux e BSD.

Libreboot non só limpa CoreBoot de compoñentes que non son libres, senón que tamén agrega ferramentas para que sexa máis fácil de usar para os usuarios finais, creando unha distribución que pode ser utilizada por calquera usuario sen habilidades especiais.

logo

Novidades: primeira versión estable, no grub.cfg engadíronse melloras de rendemento, mellorando as velocidades de arranque. Melloras na documentación.

Optimizacións de rendemento para acelerar a carga cando se utiliza unha contorna de carga útil baseado en GNU GRUB. Compilacións estendidas de 16 MB para Macbook2 e Macbook1, soporte preliminar para a integración con u-boot loader (permitirá comezar a xerar compilacións para plataformas ARM), entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal