LibreOffice é unha suite ofimática libre que está xestionada e desenvolvida por “The Document Foundation” (TDF). Naceu no 2010 como un fork de OpenOffice logo da compra de Sun por parte de Oracle e debido á inquedanza que os desenvolvedores tiñan sobre a política de Oracle sobre o software libre. Nese ano tamén naceu a fundación que xestiona o proxecto. A solución de ofimática que ofrece LibreOffice é completa e componse dos seguintes programas e funcionalidades:
- Writer: procesador de textos.
- Calc: sofware de folla de cálculo.
- Impress: programa de presentacións.
- Draw: aplicación de creación de debuxos e diagramas.
- Base: programa de bases de datos de escritorio e interface con outros sistemas xestores de bases de datos.
- Math: editor de fórmulas matemáticas.
- Charts: utilidade para o debuxo de gráficos.
Está dispoñible para os sistemas operativos GNU/Linux, Windows e Mac e licenciada licenciada como software libre baixo os termos da MPL (Mozilla Public License).
Ademais da suite de escritorio tamén existe LibreOffice Online que é unha solución coas funcionalidades principais de LibreOffice ofrecidas dende a nube. LibreOffice é unha solución multiplaforma con versións para Mac OS, GNU/Linux e Windows tamén está dispoñible en máis de 100 linguas entre as que se atopan tanto o galego coma o castelán incluíndo tanto a tradución da interface coma co dicionario ortográfico en ambas linguas.
Versións dispoñibles
LibreOffice está disponible en dúas ramas de desenvolvemento:
- Versión “still” ou estable: trátase dunha versión lixeiramente máis vella, pero tamén máis madura e probada, ofrecendo así unha maior estabilidade, debido a isto é a recomendada para sistemas en produción.
- Versión “fresh” ou nova: que está ao dia coas últimas novidades e actualizacións, pero non se recomenda para uso en sistemas en produción, xa que é máis susceptible a fallos por incorporar a esta as últimas funcionalidades menos probadas.
Versións antigas
Ademais a Document Foundation mantén un arquivo de versións anteriores, útil se por calquera razón queremos descargar unha versión concreta máis antiga.
Por exemplo, a versión solicitada na ORDE do 15 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, é a versión Libreoffice 4.2.4.2 que se pode atopar en:
| S.O. | Instalable | Axuda en galego | Axuda en castelán | Paquete de idioma galego | Paquete de idioma castelán |
|---|---|---|---|---|---|
| Windows | Libreoffice 4.2.4.2 (win) |
Axuda-gl | Axuda-es | – | – |
| GNU/Linux (32bits – rpm) | Libreoffice 4.2.4.2 (rpm) | Axuda-gl | Axuda-es | Idioma-gl | Idioma-es |
| GNU/Linux (32bits – deb) | Libreoffice 4.2.4.2 (deb) | Axuda-gl | Axuda-es | Idioma-gl | Idioma-es |
Documentación
Existe unha completa documentacion sobre Libreoffice na páxina oficial.
Ademais está dispoñible tamén o material formativo para a preparación do CODIX empregado na rede CeMIT.
Web Oficial de Libre Office en Galego
