Matrix é un proxecto libre e de código aberto que especifica o estándar aberto Matrix o cal proporciona un protocolo de comunicación en tempo real segura, descentralizado e interoperable.
A especificación deste estándar está mantida pola organización sen ánimo de lucro Matrix.org Foundation e dende xuño de 2019 é considerado como un protocolo estable, consolidado e válido para entornos de producción. Entre as características máis destacables están:
- Sistema federado e interoperable.
- Permite a comunicación mediante mensaxes tanto directos coma a unha sala de chat.
- Soporte de cifrado punto a punto.
- Soporte de comunicación vía VoIP a través de WebRTC.
- Pontes oficiais a outros sistemas como Slack, IRC, XMPP…
- Pontes fornecidos pola comunidade a Telegram, Discord, WhatsApp, Facebook, Signal…
Aínda que Matrix é só o nome do protocolo, mediante este nome tamén se frecuenta facer referencia a todo o ecosistema existente arredor desta tecnoloxía como poden ser todas a implementacións que hai, dentro das que se atopan Synapse e Riot.im, que son as aplicacións de referencia de servidor e de cliente respectivamente.
Pílula sobre Matrix
Outras pílulas sobre ferramentas para teletraballo
