Nova versión do reprodutor multimedia MPlayer 1.5., reprodutor de software libre, multiplataforma que reproduce a maioría dos arquivos de vídeo, son e soporta subtítulos.

Novidades: integración das melloras de ffmpeg dos últimos anos, soporte multilingüe na GUI, solucionouse o problema coa configuración incorrecta do tamaño da xanela despois de regresar do modo de pantalla completa.
O controlador de saída OpenGL proporciona un estilo correcto nos sistemas X11, entre outras.
