OpenJDK é a versión libre da plataforma de desenvolvemento Java baixo concepto de linguaxe orientada a obxectos. Esta implementación atópase catalogada dentro da licenza GPL de GNU. A súa sintaxe deriva en gran medida de C e C++, pero ten menos utilidades de baixo nivel que calquera delas.
As aplicacións de Java son compiladas a bytecode, que pode executarse en calquera máquina virtual Java (JVM) sen importar a arquitectura da computadora subxacente. OpenJDK é a implementación de referencia oficial desde Java SE 7.
