Mancomún
Mércores, 15 Marzo 2023

OpenVAS

Enlace externo

OpenVAS (Open Vulnerability Assessment System) é unha ferramenta de software libre que permite realizar análises de vulnerabilidades de sistemas informáticos. Trátase do compoñente principal da solución Greenbone Security Assistant desenvolvida pola empresa Greenbone Networks, que tamén ten outras solucións non libres baseadas en OpenVAS, seguindo o modelo open-core.

A solución completa integra varios compoñentes. OpenVAS é o compoñente que fai os testes e escaneos de vulnerabilidades, Greenbone Vulnerability Management (GVM) é unha peza intermediaria entre OpenVAS e a interface web que xestiona a configuración e os resultados do escaneos e por último, está Greenbone Security Assistant (GSA) que é a interface web, que emprega a tecnoloxía libre React e mediante a que se pode xestionar, programar e visualizar os informes de vulnerabilidades, testes, etc.

Usando OpenVAS poden lanzarse diversos tipos de probas sobre distintos obxectivos dunha forma manual ou programada, configurando periodicidades. Estas probas analizan todas as vulnerabilidades descubertas recibindo actualizacións das mesmas diariamente, é así unha ferramenta libre que axuda nas tarefas e auditorías de ciberseguridade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal