Owncloud é un dos máis populares aplicativos de creación de nubes persoais ou privadas; é dicir, é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube, unha alternativa a servizos como Dropbox ou Google Drive.
Entre as funcionalidades de Owncloud destacan:
- Almacenamento compartido de ficheiros na nube.
- Sincronización de ficheiros entre diversos equipos.
- Calendario compartido.
- Capacidade de edición colaborativa en liña de documentos.
- Xestión de contactos.
- Control de cambios: leva un rexistro dos cambios realizados nos ficheiros polos distintos usuarios.
- Visor de documentos: visualización de ficheiros en formato estándar aberto OpenDocument dende a interface de Owncloud.
- Cartafoles públicos: posibilidade de compartir un cartafol publicamente con usuarios non rexistrados no servidor de Owncloud.
- …
OwnCloud é software libre, dispón de aplicacións de cliente multiplataforma (GNU/Linux, Mac OsX, Windows) así como clientes para dispositivos Android ou iOS e está dispoñible integramente en galego.
Proveedores:
