CiviCRM é un software pensado para o manexo das relacións entre contactos (CRM), de software libre e gratuíto, centrado nas necesidades das organizacións sen fins de lucro e do terceiro sector.
Permite a unha organización rexistrar e administrar a información acerca das diversas persoas e organizacións coas que interactúa.
CiviCRM está deseñado especialmente para:
– ONG
– Asociacións
– Fundacións
– Partidos políticos
– Organismos con socios e contribuidores
– Entidades sen ánimo de lucro
– Campañas benéficas
– Captación de socios e de fondos
Contactos
Permite crear e xestionar todos os contactos da organización, rexistrando todas as actividades relacionadas cos mesmos:
– Poderemos rexistrar a información básica de contacto como nome, dirección, correo electrónico e número de teléfono.
– Definir as relacións entre os nosos contactos.
– Poderemos rexistrar todas as comunicacións entre a organización e a nosa base social.
– Realizar envíos masivos de correos electrónicos a toda a base de contactos.
– Incluír / excluír grupos de contactos nos envíos.
– Xestionar as contribucións, donativos, cotas de socio, entradas a eventos.
– CiviCRM integra por defecto varias pasarelas de pago que permiten realizar o cobro online das contribucións, e xestionar outro tipo de membresías.
Eventos
Co módulo de xestión de eventos poderemos:
– Organizar un evento e crear unha páxina de inscrición online
– Xestionar a voluntarios e outros recursos
– Informes a medida
