PostgreSQL é un sistema de xestión de bases de datos de Software Libre. O proxecto é xestionado por unha comunidade de Software Libre, denominada PostgreSQL Global Development Group (PGDG). Existen tamén diferentes empresas que ofrecen as súas propias solucións sobre PostgreSQL con soporte profesional. Trátase dun sistema xestor multiplataforma, moi potente con características avanzadas como a xestión de concorrencia, transaccións distribuídas, vistas actualizables, asi mesmo conta tamén con unha extensión chamada postgis que dota a este xestor de capacidades de procesamento espacial.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
