Mancomún
Martes, 19 Novembro 2024

Recursos InnerSource

Enlace externo

A AMTEGA, a través da Oficina de Software Libre, está a levar a cabo diferentes iniciativas co obxectivo de fomentar, entre as empresas galegas que conten con equipos de desenvolvemento de software, a adopción de prácticas Inner Source, co fin de mellorar a sua eficacia e competitividade. Todas estas iniciativas foron presentadas nunha xornada cuxo resumo en vídeo se pode ver aquí.

Sobre InnerSource

Pódese definir o concepto Inner Source como a aplicación das mellores prácticas de desenvolvemento de software, que se dan nos proxectos de software libre, ao ámbito interno dunha organización. O software resultante de cara a fora pode ser software libre ou seguir sendo software privativo, pero dentro dos límites internos da organización os procesos de desenvolvemento son abertos, seguindo a filosofía dos proxectos de software libre.

O principal motivo para adoptar estas prácticas é que está altamente contrastado que o modelo de desenvolvemento do software libre facilita a innovación e a alta calidade no software. Son numerosos os exemplos de entidades de todo tipo que xa adoptaron esta iniciativa con excelentes resultados, empresas tecnolóxicas, entidades bancarias, empresas do sector da automoción ou grandes multinacionais de sectores non tecnolóxicos pero que desenvolven o seu propio software.

Pode coñecer un pouco máis sobre InnerSource neste programa de podcast.

RECURSOS

Libros sobre InnerSource en galego

Traducíronse dous libros de referencia sobre InnerSource ao galego, publicados baixo unha licenza libre (CC BY-SA 4.0).

Xestión de proxectos InnerSource

  • Ler en liña: https://innersourcecommons.gitbook.io/managing-innersource-projects/m-gl
  • Colaborar en github: https://github.com/InnerSourceCommons/managing-innersource-projects
  • Fontes versión impresa: https://eira.mancomun.gal/mancomun/xestion-proxectos-innersource

Modelos InnerSource

  • Ler en liña: https://patterns.innersourcecommons.org/gl
  • Colaborar en github: https://github.com/InnerSourceCommons/InnerSourcePatterns
  • Fontes versión impresa: https://eira.mancomun.gal/mancomun/modelos-innersource

Cursos de Formación

Elaboráronse dous cursos de formación, en modalidade online, un introdutorio (Xestión InnerSource) e outro máis avanzado (Modelos InnerSource). Estes cursos están dispoñibles para realizarse a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT. Os contidos están ademais publicados no repositorio da Xunta de Galicia (A Eira de Mancomún) cunha licenza libre (CC BY-SA 4.0).

Para acceder e realizar os cursos é preciso crear primeiro unha conta da rede CeMIT, a través do seguinte formulario.

Acceso aos cursos en liña

Acceso ás fontes dos cursos na Eira de Mancomún: https://eira.mancomun.gal/mancomun/cursos-innersource

Webminars

Vídeos dos diferentes webminars realizados sobre InnerSource:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal