Mancomún
Mércores, 7 Abril 2021

Sakai LMS

Enlace externo

Sakai LMS é unha solución de xestión educativa, en inglés Learning Management System. Sakai permite despregar unha plataforma de aprendizaxe en liña para ser utilizada como apoio á docencia por entidades educativas de todo tipo, así mesmo, tamén pode ser empregada en departamentos de formación de empresas ou entidades públicas.

Sakai é unha aplicación web que se pode implementar en infraestrutura propia ou utilizar servizos de terceiros, está desenvolvido na linguaxe de programación Java e baixo os termos da licenza Educational Community License (ECL), que está baseada na Apache versión 2, é unha solución que conta con un deseño modular e con numerosas integracións con outras plataformas, como poden ser BigBlueButton, WordPress, Mahara…

O software Sakai proporciona unha solución completa e intuitiva para diversas situacións de ensino, pode ser empregado tanto como un apoio á docencia presencial como tamén pode ser usado como plataforma de docencia en liña grazas a que está desenvolvida seguindo estándares como SCORM e ás diversas integracións que facilitan a súa extensión segundo as necesidades.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal