No uso e administración dos sistemas Linux, os usuarios comezan por autenticarse co sistema que pretenden utilizar ou administrar. A forma máis común é autenticarse mediante un nome de usuario e un contrasinal, mais no sistema operativo GNU/Linux pode utilizar varios métodos para realizar esa autenticación.
Neste obradoiro práctico amosarase como autenticarse nos accesos (login) en máquinas Linux utilizando un dispositivo físico (memoria USB) como elemento necesario para acceder ao sistema.
Para iso empregarase o sistema PAM (Pluggable Authentication Modules), e concretamente o módulo pam_usb, que amosa a súa instalación, configuración e integración co sistema PAM Linux. O acceso ao sistema amosarase só mediante a memoria USB, sen ningún contrasinal, así como o seu uso como segundo factor de autenticación, precisando neste caso a memoria USB e un contrasinal para acceder.
Obradoiro organizado pola Asociación Galpón, nas instalacións da Industriosa.
Programa
- Introdución e obxectivos.
- A autenticación. Sistemas FIDO, OATH etc.
- O sistema de módulos de autenticación conectables PAM.
- O módulo pam_usb, instalación e configuración.
- Chaves comerciais (Yubikey etc.).
- Tarxetas intelixentes (smartcards).
- O DNI electrónico e o seu uso como autenticador.
