VLC 3.0.17 chega con mellor reprodución no streaming de AV/AV1 e VP9 en directo, entre outras.

Novidades: soporte para DTS-HD LBR, para os novos decodificadores FOURCC, E-AC3 e GeoVision, mapeado de imaxes WebP e son descomprimido en arquivos MP4. Melloras no decodificado para drivers AMD GPU, mellorado o soporte para AudioCD, melloras no soporte para subtítulos que usan codec tx3g en pistas MP4.
Corrixido o son que se perdía ao principio do arquivo Opus en contedores MKV e WebM, mellor xestión da compartición por Samba e engadiuse soporte para FFmpeg 4.4, entre moitas outras.
