Mancomún
Domingo, 27 Novembro 2016

Xeshostal

Enlace externo

 

Xestión de establecementos hostaleiros (Xeshostal) é unha aplicación libre que permite a xestión en liña (a través de internet) de establecementos hoteleiros. A aplicación é unha ferramenta pioneira para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos.

Esta aplicación permite aos pequenos establecementos:

  • Xestionar as súas reservas e facturas nunha base de datos ordenada de clientes
  • Fixar e modificar os prezos das habitacións en función das características das mesmas
  • Obter informes de xestión
  • Obter plannings semanais e/ou mensuais de limpeza, de datos de ocupación; isto é, operacións do día a día que afectan á carga de traballo do empresario, xerente, recepcionista, persoal de limpeza…

A aplicación foi desenvolvida polo Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG) e liberada no Repositorio de Software Libre de Galicia en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal