O Free Standards Group (FSG) creou a pasada semana a Linux Standard Base Developer Network, un movemento para promover a interoperabilidade das aplicacións xurdidas a través das distintas distribucións Linux e co obxectivo de favorecer o código aberto de sistema operativo. …“Microsoft fixo un gran traballo coa Microsoft Developer Network; apuntamos facer igual para a Linux Standard Base,” dixo Ian Murdock, quen fundou o proxecto Debian Linux.
A LDN centrarase en proporcionar unhas directrices aos programadores para escribir código conforme ao Linux Standards Base – que son un conxunto de parámetros, especificacións e demais requisitos para facer aplicacións que corran en sistemas Linux seguindo o estilo do FSG.
A LDN terá contidos especialmente seleccionados de código aberto publicados por O’Reilly e Pearson Technology Group. Tamén estarán dispoñibles “online” outras ferramentas para proporcionar exemplos, titoriais e demais información. Respaldando esta iniciativa están compañías coma HP, IBM, Intel, Novell, Red Hat, Red Flag e outros vendedores de TIC e compañías de distribución de Linux.
