Freeciv é un videoxogo de estratexia por quendas, inspirado no xogo [[Civilization]]. É software libre, está licenciado baixo a [[GPL]], ademais de ser gratuíto. Esta incluído en numerosas distribucións GNU/Linux, ademais está dispoñible para outros sistemas operativos como Windows e Mac, posto que está escrito na linguaxe [[C]] de programación pódese compilar sen problemas. A última versión dispoñible saiu en agosto, é a 2.1.0-Beta.
Comeza no ano 4000 a.C., cada xogador é o líder dunha tribo nómade que se deberá asentar e ir fundando cidades, investigando tecnoloxías, desenvolvendo infraestruturas ou marabillas, establecer relacións diplomáticas e crear exércitos.
O xogo finaliza cando:
- sobrevive unha única civilización ao erradicarse as demais
- cando se consegue enviar unha nave para colonizar un planeta exterior
- ou cando se supera unha certa data, na que finalmente gañará o xogador mellor puntuado, dependendo do tamaño do estado, a saúde dos cidadáns, a cultura e os avances científicos conseguidos puntúase a cada xogador.
Páxina oficial: Freeciv