FreeCol é outro xogo de código aberto, un clon do Sid Meier’s Colonization. Ao estar feito en Java, pódese executar en varios sistemas operativos, tendo máquina virtual de Java (a versión 1.5 ou superiores). É un xogo similar ao Freeciv. A maiores podemos escoller varios idiomas para o xogo.
Algunhas das características das últimas versións son:
- Sinxelo editor de mapas
- Novo mapa de América
- Automatización de camiños de comerciais
- Comercio e negociación entre xogadores
- …
Páxina sourceforge: FreeCol
