A Free Software Foundation (FSF) lanzou o día 16 deste mes PlayOgg.org, unha campaña para fomenta-lo uso do estándar Ogg Vorbis como a alternativa de audio ao formato propietario MP3. Ao contrario que o MP3, a especificación para Ogg Vorbis é de dominio público, así que calquera pode usar o formato ou escribir software para usalo sen depender do apoio dunha patente.
Peter Brown, director executivo da FSF, dixo: “Ogg é a vosa mellor aposta para ser libres do litixio das patentes cando se usa compresión de audio”. Moitos reprodutores de música dixitais persoais xa incorporan soporte para Ogg Vorbis,e tamén existen moitos reprodutores de Software Libre, «encoders» e «plugins» dispoñibles para os diversos sistemas operativos. Por tanto, Ogg Vorbis ten os elementos necesarios para tomar a dianteira con respecto ao MP3 en uso.
Unha recente suite desenvolvida en Texas baseada na reprodución de MP3 en reprodutores de música dixital persoal podería ir máis lonxe co uso de Ogg Vorbis nestes dispositivos. O presidente da FSF e o seu fundador Richard Stallman salientan que os perigos de tales patentes non están restrinxidas aos desenvolvedores e distribuidores. Eles escribiron, “Os usuarios tamén poderían ser demandados. Esto tamén pode ser visto como unha forma de ataque ao desenvolvedor ou ben como unha forma de sablealo e buscarlle problemas. Todos os desenvolvedores e usuarios son vulnerables”.
Fontes:
http://www.fsf.org/news/playogg.html
Os recursos da campaña e a lista de correo dos eventos relacionados están dispoñibles en:
http://playogg.org
Detalles técnicos sobre o formato pódense atopar en:
http://xiph.org/vorbis
