O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) comezou a recadación das súas cotas anuais de socio. Como eles mesmos indican, estas cuotas son para pagar os gastos da asociación ademais de conseguir importantes ventaxes e descontos por exemplo na LinuxParty. Ademais son só 15 € anuais, “simbólica de 1 € ao mes máis 3 pagas extra”.
Sendo socio obtense ademais preferencia ante calquera actividade de GALPon frente aos non socios. A forma de pago está detallada na páxina web de GALPon…
http://www.galpon.org/drupal/node/151
