Mancomún

gbrainy, xogo de adestramento mental

gbrainy é un programa con licenza GPL2 deseñado para divertirse e manter o cerebro adestrado. Inclúe diferentes tipos de xogos como:

  • puzzles lóxicos, que desafían as habilidades de razoamento.
  • cálculos mentais, que permiten mellorar as capacidades de cálculo.
  • xogos de memoria, para mellorar a memoria a curto prazo.

Está deseñado para GNOME aínda que pode executarse noutros contornos Linux. Pódese descargar o código fonte, e tamén paquetes para Debian, Ubuntu, Mandriva, Suse, Fedora e para o OLPC.

Deseñouse para ter en conta 4 tipos de usuarios:

  • novato. Persoa que se achega ao programa co fin de avalialo e ver que características ten.
  • xogador adulto. Adulto que usa o xogo simplemente por diversión
  • adestramento adulto. Adulto que usa o xogo para mellorar as súas habilidades mentais
  • adestramento infantil. Neno que usa o xogo para exercitar a súa memoria.

O obxectivo é que teña o suficiente número de xogos e parámetros de configuración dos mesmos para obter os niveles de dificultade axeitados a cada un destes usuarios.

O seu desenvolvemento comezou en Agosto do ano pasado, van pola versión 0.5 e algunha das ideas que teñen previsto incluír a medio prazo son: xogos de texto, analoxías verbais, Sudoku, opción de impresión dos xogos en papel … ou portalo aos sistemas Windows e Maemo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal