Visto na páxina de GLUG :“No GLUG andamos na procura de tradutores para o xogo Battle for Wesnoth. O Battle for Wesnoth é libre, un xogo de estratexia baseado en quendas cun tema fantástico. A meta é chegar á XGN cun xogo avanzado totalmente traducido ao galego para levar a cabo torneos. Para o cal precisamos duns cantos de vós que nos boten unha man.
A forma de traballo acordariámola entre todos os participantes. Se estades interesados enviádeme un contacto…”
