A primeira beta de GNOME 2.20 foi anunciada a semana pasada. Segundo a planificación de versións de GNOME, a segunda beta sairá o día 29 de agosto, a primeira versión “release candidate” a primeiros de setembro e a versión final para o 19 de setembro. O desenvolvemento da interface xa está parada para que esta versión beta sexa o máis parecida posible á versión final.
Así, GNOME e mais o proxecto Ubuntu anunciaron un día especial colaborativo para a corrección de erros que é hoxe (22 de agosto) no que se pretende atopar erros (bugs) en GNOME e tentar solucionalos para a versión final 2.20. Este evento terá lugar no canal de IRC #ubuntu-bugs de freenode.
Máis información sobre o evento:
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuBugDay
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuBugDay/20070822
Sobre GNOME 2.20
Implementáronse un montón de novas características en GNOME 2.20, como o soporte interactivo de formularios PDF en Evince, sincronización de notas de Tomboy, soporte para cargar e gardar ficheiros remotos coa aplicación “Xestor de arquivos” (file-roller), soporte de complementos para o totem e máis cousas que se poden atopar na páxina de información desta versión.
