Anunciado na páxina de GULO atopamos o seguinte evento:
“Entre os próximos días 26 e 29 de xullo terá lugar en Ourense o GNU Hackers Meeting. Organizado conxuntamente por GULO e GNU España, reunirá a varios hackers do Proxecto GNU que debaterán principalmente sobre detalles técnicos de paquetes e outras cuestións de GNU. Así mesmo, intentarase potenciar un maior contacto con potenciais novos colaboradores do Proxecto GNU.”…
Cita sobre este mesmo evento na web de OUSLI (Ourense Software Libre), grupo de recente creación en Ourense:
“O evento será dun perfil técnico orientado a amosar tecnoloxías de desenvolvemento empregadas diariamente polo proxecto GNU. No evento participarán hackers destacados do proxecto.
O rexistro está aberto na web do evento para toda a xente que queira participar, e tamén existe a posibilidade de enviar propostas de charlas a través da sección Call for Papers que a web do evento proporciona.”
Evento engadido á “Axenda de eventos” de mancomun.org
Fontes orixinais da nova:
http://www.gulo.org
