Acaba de saír a versión definitiva da gnuLinEx 2006. gnuLinEx é unha distribución de Software Libre que inclúe o kernel Linux e está baseada na distribución Debian con escritorio GNOME, e tendo ao OpenOffice.org como suite ofimática, entre outras aplicacións.
Está impulsada pola “Consejería de Infraestructuras y Desarrollo Tecnológico de la Comunidad Autónoma de Extremadura”, sendo secundada por outros organismos públicos e privados. Na actualidade, a comunidade extremeña está ofrecendo apoio á de Andalucía na implantación de solucións abertas en colexios, administración, etc…
Algúns detalles técnicos da distribución:
- Escritorio Gnome, versión 2.14.
- X.org 6.9, con espectacular rendemento na plataforma Intel 945.
- Núcleo Linux 2.6.16, con gran soporte de dispositivos como os novos Intel Core Duo, e as tarxetas sen fíos ipw3945.
- Soporte para as últimas controladoras SATA.
- Últimos controladores ALSA.
- Instalación automática de controladores nVidia, ATI, firmware ipw2*00 e ipw3945, etc.
- + novidades
Máis información sobre esta distribución, ligazóns para a descarga e manuais de instalación na súa páxina web.
