Google Code é o repositorio ou espazo onde Google comparte con todos os usuarios parte do código de programación que utiliza nas súas propias aplicacións. Este código ofrécese con licenza libre.
Dentro de Google Code temos a sección “Google Code for Educators“, onde podemos atopar materiais e recursos educativos para mestres de informática para que poidan mellorar os seus temarios coas máis recentes tecnoloxías.
Na páxina tamén temos unha sección de titoriais que poden servir para ensinar ao alumno os conceptos básicos dunha tecnoloxía por si necesita darlle un repaso. Na área “Sample Course Content” …
… o mestre atopará materiais como presentacións de conferencias, lecturas, exercicios e proxectos que poderá descargar para usar nas súas clases. Esta área inclúe o contido do curso desenvolvido polas facultades de ciencias da computación de varias universidades e enxeñeiros de Google.
Tamén atopamos unha área de vídeo, “Video Lectures” na que poderemos atopar conferencias sobre tecnoloxía gravadas en vídeo. Estes vídeos son unha gran oportunidade para os estudantes e facultades de escoitar de primeira man o que pensan e falan os actuais pioneiros da alta tecnoloxía.
Outra das seccións é “CS Curriculum Search“, onde se poden buscar materiais educativos que foron publicados por distintos departamentos de universidades en todo o mundo e que teñan relación coa informática e as novas tecnoloxías. Ademais a procura pódese filtrar até atopar só os resultados desexados: conferencias, materiais de referencia, etc…
Máis información en:
Google Code for Educators
