Segundo podemos ler na páxina de GPUL, están buscando una nova imaxe para o seu aniversario, baseada ou non nos logos de GPUL existentes, deseñados na súa maioría por Ana Sáiz e Adrián Perez. O logo clásico é obra de Rafa Sánchez.
Actualmente manifestan estar moi contentos co actual, xa que o que buscan é un logo especial de aniversario para usar ao longo deste ano tan especial, e que sirva ademais para facer algún tipo de camiseta ou outro merchandising.
O concurso está dotado cun premio de 60€ para o gañador e pódese outorgar un accésit de 30€, non coincidente co gañador. Os premios non serán en metálico, senón que teñen que ser invertidos en material informático ou relacionado…
O logotipo deberá entregarse nun formato vectorial aberto, preferiblemente SVG e non se aceptarán ficheiros maiores de 6Mb. Ademais, os concursantes autorizarán a GPUL a utilizar o logotipo cunha licencia libre.
O traballo gañador e o gañador do accésit (si o houbese) faranse públicos entre os días 12 e 14 de marzo de 2008, a través do weblog de GPUL (www.gpul.org) e á lista de correos gpul-list.
Máis información sobre as bases do concurso na fonte orixinal:
http://www.gpul.org/?q=es/node/27
