Griffith é un xestor de películas de uso moi sinxelo e rápido. Escribindo o título da película Griffith tentará recuperar toda a información relacionada da Web.
Griffith é multiplataforma e pode funcionar en sistemas GNU Linux, Microsoft Windows e MacOS X. Tamén traballa en sistemas operativos compatibles con POSIX onde a contorna gtk+ estea dispoñible, incluíndo FreeBSD, OpenBSD e Solaris. A última versión de Griffith é a 0.9.1, e está dispoñible para descarga en formatos tar.gz, exe, deb, rpm, …
Tamén podemos descargar a última versión dende a páxina de desenvolvemento vía SVN.
