Roberto Galoppini, un dos grandes expertos en Software Libre e da súa aplicación aos negocios na veciña Italia, preséntanos unha Guía, dividida en dous tomos que podemos considerar como fundamentais.
A guía (desenvolvida no contexto dos proxectos FLOSSMETRICS e OpenTTT) presenta unha serie de directrices e suxestións para a adopción do Software Libre dentro das PEME, empregando un modelo que guiará as empresas desde a selección inicial e a adopción de FLOSS dentro da infraestrutura TIC ata a creación de modelos de negocio baseados en software de código aberto.
Divídese en dous documentos, nun deles explícase o modelo de Software Libre e como pode ser seleccionado, valorado e utilizado polas pequenas e medianas empresas (aínda que, de feito, pode aplicar a calquera organización, incluíndo as públicas). O segundo é unha recompilación realmente impresionante, incluíndo descrición das principais solucións Open Source en áreas tan diversas como: software de xestión de redes, sistemas de xestión da seguridade, ERP e CRM, groupware, xestión documental, sistemas de xestión de contidos (CMS), VoIP, CAD/SIG, aplicacións de escritorio, loxística e facturación, comercio electrónico e tele-ensino.
A guÃa distribúese baixo licenza Creative Commons e o autor é Carlo Daffara. Pódense descargar os documentos dende o apartado de â??Informes doutros estudosâ? dende os Informes do Observatorio Galego de Software Libre.
Fonte: TodoBI
