Os próximos 10, 11, 12, 17, 18 e 19 de Abril GULO levará a cabo un curso sobre Software Libre coas temáticas:
- Iniciación ó Software Libre.
- Instalación e configuración de sistemas GNU/Linux.
- Migración e adaptación a sistemas operativos libres.
- Administración de sistemas GNU/Linux.
- Seguridade en sistemas operativos libres.
O curso está aberto a propostas ao redor das temáticas suxeridas. Os interesados deben enviar as súas iniciativas a info@gulo.org.
