Mancomún
Hemeroteca
Mancomún Actualidade

Hemeroteca
2020 - 2006

Buscar
Datas
Decembro
Xoves, 31 Decembro 2020

Publicado o cuadraxésimo terceiro número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial

Xa está publicado o cuadraxésimo terceito número do Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de Decembro. O proxecto destacado deste mes é Mattermost, unha ferramenta de colaboración baseada na mensaxería. No apartado de novas destacamos a publicación de dúas entregas de Mancomún Podcast e unha das pílulas sobre ferramentas empresariais. Tamén hai que destacar outras novas como a nova versión de PHP 8.0, o fin do soporte de CentOS 8 e a conversión en CentOS Stream, a nova fundación Open Source Security, a actualización do asistente para a escolla de licenzas de Joinup ou […]

Xoves, 31 Decembro 2020

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Decembro

Xa está publicado o número 77 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Decembro. O proxecto destacado deste mes é LibreOffice, unha solución multiplataforma de escritorio para a ofimática. No apartado de novas destacamos a publicación de dous novos números de Mancomún Podcast e unha nova pílula sobre ferramentas empresariais, a reutilización de software en Noruega, a recentemente publicada Declaración de Berlín 2020, a transformación de CentOS en CentOS Stream, a actualización do asistente de licenzas de Joinup, a fundación da Open Source Security Foundation, a publicación de PHP 8 ou a […]

Xoves, 31 Decembro 2020

Número 43 – Boletín Software Libre na Empresa – Decembro 2020

NovasDurante o mes de decembro no portal de Mancomún publicáronse dúas novas edicións de Mancomún Podcast e unha nova pílula sobre ferramentas empresariais. O número 44 de Mancomún Podcast trátase dunha entrevista con José Jiménez, organizador do evento 24H24L que tamén se difundiu no portal, e o número 45 foi unha entrevista con María J. Rodríguez, responsable de e-learning no Centro de Supercomputación de Galicia. A pílula publicada en decembro foi sobre comercio electrónico e na que se explica o funcionamento da solución libre Woocommerce. Este último mes deixounos algunhas novidades no software libre, como a liberación dos drivers de […]

Xoves, 31 Decembro 2020

Número 77 – Boletín de Software Libre na Administración – Decembro 2020

Novas O software libre e os estándares abertos presentes na Declaración de Berlín 2020 [Ler máis...] #44-Mancomún Podcast: 24H24L con José Jiménez [Ler máis...] Directrices para as comunidades de software libre sostibles no sector público [Ler máis...] ONLYOFFICE 6.1, melloras nas follas de datos e soporte para a arquitectura ARM de Apple [Ler máis...] O asistente de licenzas de Joinup actualízase [Ler máis...] Pílula sobre Woocomerce, comercio electrónico [Ler máis...] Os drivers de Vulkan para Raspberry Pi foron liberados pola empresa galega Igalia [Ler máis...] 24H24L, evento para futuros usuarios de GNU/Linux [Ler máis...] PHP 8.0, numerosas melloras [Ler máis...] […]

Martes, 29 Decembro 2020

FreeBSD completa a migración de Subversion a Git

O proxecto FreeBSD rematou a migración do seu repositorio de desenvolvemento de Subversion a Git, unha transición que tomou tempo en ser completada posto que a decisión fora tomada xa hai máis de un ano e medio e que fará posible unha mellor experiencia no desenvolvemento deste sistema operativo libre. Grazas a esta migración, os desenvolvedores poderán gozar dos beneficios que ten Git como sistema xestor de versión e deixarán atrás o vello Subversion. O software escollido para interface web da forxa foi o libre cgit. Máis información.

Martes, 29 Decembro 2020

O software libre e os estándares abertos presentes na Declaración de Berlín 2020

O 8 de decembro de 2020 os estados membros da Unión Europea acordaron a "Declaración Ministerial de Sociedade Dixital e Administración Dixital baseada en valores", tamén coñecida como Declaración de Berlín 2020. Esta iniciativa foi presentada por Alemaña e contou co apoio da Comisión Europea. Os ministros responsables da transformación dixital na administración pública en todos os estados membros da UE sinalaron a relación entre solucións de código aberto interoperables para o sector público e a soberanía dixital na Declaración de Berlín. O obxectivo desta declaración é contribuír ao avance da transformación dixital baseándose nos valores europeos e poder aproveitar […]

Luns, 28 Decembro 2020

GNOME 40 mellorará a experiencia do usuario

Os desenvolvedores de GNOME publicaron unha folla de ruta con algunhas novidades importantes da versión 40 do escritorio. Esta nova versión está previsto que vexa a luz en marzo do vindeiro ano e será unha versión maior xa que presentará varias características novas ademais do cambio na numeración das versións. Nos plans de mellora presentados, destácanse o novo deseño do compoñente principal do escritorio, o GNOME Shell, e que presenta cambios como a mellora xeral na organización espacial, a mellora de navegación usando o panel táctil... Varios destes novos deseños poden verse neste repositorio.

Mércores, 23 Decembro 2020

#45-Mancomún Podcast: María J. Rodríguez, e-Learning no Centro de Supercomputación de Galicia

Hoxe falamos con María J. Rodríguez, filóloga e pedagoga, responsable da Área de E-learning e Colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia, máis coñecido por CESGA. María José participou en más de 40 proxectos de investigación en relación coas TIC aplicadas a diferentes procesos formativos a nivel nacional e internacional. [audio mp3="https://www.mancomun.gal/wp-content/uploads/2020/12/45-María-J.-Rodríguez-e-Learning-no-Centro-de-Supercomputación-de-Galicia.mp3"][/audio] María J. Rodríguez, e-Learning no Centro de Supercomputación de Galicia Enlaces mencionados no programa - Linkedin de María J. Rodríguez https://es.linkedin.com/in/malmierca - CESGA http://www.cesga.es/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY - Canción "Leavin The Lights" by Jason Shaw on […]

Mércores, 23 Decembro 2020

OBS Studio 26.1 con soporte de cámara virtual

Nova versión de OBS Studio, a 26.1. Destaca por engadir soporte de cámara virtual tanto para o sistema operativo MacOS como para GNU/Linux, así como soporte para OpenBSD e corrección de diferentes erros. OBS Studio admite a transcodificación de transmisións orixinais, captura de vídeo durante os xogos e transmisión a Twitch, Facebook, Youtube e outros servizos, podendo usar aceleración de hardware (NVENC e VAAPI). Novidades: a cámara virtual permite que a saída de OBS poida usarse como unha cámara web para outras aplicacións na computadora. Capacidade de usar unha pista de son separada en Twitch. En GNU/Linux detectaranse outras instancias […]

Martes, 22 Decembro 2020

Xa está dispoñible LibreOffice 7.0.4

A Document Foundation puxo á disposición de todo o mundo a nova versión de LibreOffice da serie 7.x, a número 7.0.4. Esta nova versión continúa coa mellora na compatibilidade cos formatos de Microsoft Office e conta coas tradicionais correccións de erros que nesta versión ascenden a 110 fallos corrixidos. Pese a todas estas melloras, os desenvolvedores continúan a recomendar o uso de LibreOffice 6.4.x para contornas empresariais ou todas aquelas que precisen un sistema máis seguro e estable e que poida contar incluso con soporte por parte dos parceiros de LibreOffice, polo que a nova versión só está aconsellada para […]

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal