Mancomún
Histórico
Ven e participa nos eventos da rede

A axenda do software e
hardware libre en Galicia

{{ nombreMesActual }} {{ anho }}
{{ nombreDia }}
{{ dia.dia }} {{ dia.dia }}
Organizador da nosa rede
Outros organizadores
Categorías
Etiquetas
Buscar
Datas
Sábado, 22 Marzo 2025

LareiraConf

Encontro
Gpul

LareiraConf debutará o 22 de marzo de 2025 no Paraninfo da Universidade da Coruña, propoñéndose como o epicentro da comunidade tecnolóxica galega. Este evento, organizado por Sysarmy Galicia e GPUL, coa colaboración de Python Coruña e CoruñaWTF, reunirá a destacados relatores e participantes do sector IT para explorar temas de actualidade e fomentar conexións para crear comunidade.
https://mancomun.gal/novas/lareiraconf/

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Venres, 21 Febreiro 2025

Terceira edición de HackUDC

Hackathon
Gpul

O 21, 22 e 23 de febreiro terá lugar a terceira edición do maior hackathon estudantil de Galicia, HackUDC, na Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña. Organizado por GPUL, asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre.

Durante o hackatón deberase desenvolver un proxecto en 36 horas, baseado nas ideas que propoñen os patrocinadores ou facer algo completamente diferente co teu equipo de ata 4 hackers.

O evento terá lugar durante tres días, comezando o venres e rematando o domingo coa entrega de premios.

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Venres, 24 Xaneiro 2025

HobbyPont Global Game Jam 2025

Hackathon
Outros

Do 24 ao 26 de xaneiro de 2025, o Centro Social de O Gorgullón, en Pontevedra, acollerá a 5ª edición da HobbyPont Global Game Jam, un evento gratuíto que reunirá a entusiastas e profesionais de toda Galicia para crear videoxogos nunha fin de semana. Desenvolvedores, ilustradores, guionistas, músicos e outros creativos terán a oportunidade de unirse ao movemento global da Global Game Jam, onde milleiros de persoas participan simultaneamente desde todos os recunchos do mundo.
https://mancomun.gal/novas/hobbypont-global-game-jam-2025/

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Xoves, 23 Xaneiro 2025

Como crear unha REST API simple en Go

Xornada
GDG A Coruña

Descubre como construír APIs REST escalables e funcionais seguindo estándares da industria 🚀 mentres aprendes sobre tecnoloxías clave como Golang, Docker, Kubernetes e máis 🔧. Non importa o teu nivel, sempre hai algo novo que explorar e mellorar 🤝.

Únete a esta charla, chea de consellos prácticos e curiosidades, e mellora as túas habilidades! 💻✨

📅 23 de xaneiro de 2025
🕢 19:30 – 20:30 (GMT+1)

Temas clave

Desenvolvemento profesional

DevOps

Sobre este evento

¿Apasiónache o desenvolvemento de software ou estás explorando novas tecnoloxías?

🚀 Este evento é para ti! 🎯 Durante esta charla, liderada por Roberto García, Senior Software Backend Engineer en FACEPHI con case 9 anos de experiencia, mergullarémonos nos conceptos básicos e nas boas prácticas para crear unha API REST funcional e escalable con Go

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Luns, 20 Xaneiro 2025

Drupal 10 Site Building

Curso
CNTG

O curso de Drupal 10 Site Building é unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional das persoas participantes para o deseño, desenvolvemento, implantación e xestión de portais Web, utilizando Drupal.

Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS, Content Management System) que se distribúe como software libre, polo que pode ser modificado e distribuído libremente.

A través deste curso, o alumnado será capaz de desenvolver novas funcionalidades en Drupal que permitan adaptar un sitio web aos requisitos funcionais requiridos. Estará capacitado para afrontar, tanto individualmente como en equipo, o deseño e implementación de sitios web complexos.

A capacitación adquirida seralle de gran axuda para mellorar no seu posto de traballo ou mesmo emprender un proxecto propio baseado en tecnoloxías web.

https://cntg.xunta.gal/web/cntg/cursos/-/detalle/14030

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Sábado, 18 Xaneiro 2025

Charla Python Coruña

Encontro
Python Coruña

O 18 de xaneiro, en horario de 18.15 a 20.15, terá lugar no Ateneo (Rúa Reverendo Padre José Álvarez Cabezas, 1 – A Coruña) a charla de Python Coruña de Xaneiro de 2025.
logo Python Coruña

Nesta ocasión teremos como poñente a Erie e despois gozaremos dunha merenda con embutidos, queixos, patacas, olivas, hummus e moitos turróns, así que non comades moito ese mediodía.

Tamén sortearase entre os asistentes unha licenza dun mes para a plataforma de cursos en liña CodelyTV.

Nesta nova charla continuaremos falando sobre unha das ferramentas máis estendidas para o procesamento de grandes volumes de datos, PySpark.

https://mancomun.gal/novas/charla-python-coruna/

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Luns, 13 Xaneiro 2025

Red Hat OpenShift Administration I: Containers & Kubernetes

Curso
CNTG

O curso prepara as/aos administradoras/es de agrupacións industriais de OpenShift para xestionar as cargas de traballo de Kubernetes e colaborar coas/cos desarrolladoras/es, as/aos enxeñeiras/os de DevOps, as/aos administradoras/es de sistemas e os SRE para garantir a dispoñibilidade das cargas de traballo das aplicacións. Céntrase na xestión das aplicacións típicas dos usuarios finais ás que se […]

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Xoves, 5 Decembro 2024

Quinto webminar sobre InnerSource

Curso
Oficina de Software libre

Quinto webminar da serie adicada a InnerSource, onde veremos algúns casos de éxito de aplicación de InnerSource en diferentes entidades, comentados e explicados. A cargo de Daniel Izquierdo, actual presidente da InnerSource Commons Foundation.

Data e hora: 5 de Decembo ás 10:00 horas

Duración: 1 hora aproximádamente

Sala: Faladoiro de Mancomún

Inscrición
É necesaria facer a inscrición previa, a través deste formulario.

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Sábado, 30 Novembro 2024

Hackatón CuacFM: Radioco, proxecto libre para radios comunitarias

Hackathon
Gpul

Únete ao hackatón de CuacFM sobre o proxecto Radioco o próximo sábado 30 de novembro e colabora na mellora dun proxecto open source que dá soporte á radio comunitaria da Coruña.

foto do estudio de cuac fm
Radioco é unha ferramenta feita en Python co framework Django que podería ser adoptada por radios comunitarias de todo o mundo, ¡e ti podes contribuír a facelo aínda mellor!

Sexas desenvolvedor, deseñador ou simplemente sintas curiosidade, ¡este evento é para ti!

Durante o hackatón, equipos e participantes individuais traballarán para mellorar Radioco. Teremos algúns issues creados, desde algúns sinxelos ata retos máis complicados, e ao final do día un xurado avaliará o traballo realizado.

Os mellores proxectos levarán premios valorados en máis de 600 €!

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal
Martes, 26 Novembro 2024

Xornada de traballo e experiencias InnerSource

Encontro
AMTEGA

Con motivo das diferentes iniciativas que dende a AMTEGA se están a levar a cabo para a difusión e fomento de uso do InnerSource entre as empresas e entidades galegas, convídase a todas aquelas persoas e entidades interesadas a unha xornada de traballo no centro GAISTECH, en Santiago de Compostela. Sobre a xornada Trátase dun […]

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

Recomendámosche a...

Queres engadir un evento á axenda?

Se vas a organizar un evento relacionado con software ou hardware libre en Galicia podes enviarnos información sobre o mesmo para que o incluamos na axenda e lle demos difusión.

Axúdanos a facer desta rede un sitio onde non falte ninguén

Contacta >

Histórico

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal