O parlamento holandés debatirá o mércores 12 de decembro a conveniencia de adoptar o estándar aberto ODF como formato para intercambio de documentos na administración dos Países Baixos. A proposta a debater forma parte dun plan global para incrementar a innovación, garantir a información e reducir custos.
O goberno holandés ve na interoperabilidade a clave para levar a cabo unha eficiente política de sociedade da información. A pesar da presión de importantes compañías de software propietario o goberno afirmou que o acordo non exclúe a ninguén e que permitirá aforrar 8,45 millóns de euros nos tres próximos anos.
Fonte: MacWorld
