Os portátiles elixidos para ser 100% compatibles con Ubuntu son o nc6120, nc6220, nc6000 y nc6230. ‘A iniciativa supón un paso máis para que os portátiles funcionen correctamente con GNU/Linux, algo que non sempre ocorre’, engaden.
A versión deste GNU/Linux non irá precargada nos ordenadores de HP, aclararon as mesmas fontes, pero de ser solicitado polo cliente, a firma estadounidense facilitaralle un CD-ROM con dito sistema operativo. O CD incluirá a descrición do soporte técnico, que consta dun soporte gratuíto online, así como outro de pago que ofrecerá Canonical, a empresa creadora de [[Ubuntu]].
Segundo HP, o proxecto está limitado por agora a Europa, Oriente Medio e África, rexións onde parece haber actualmente unha maior receptividade cara o entorno GNU/Linux. O xigante informático non vende actualmente PC con GNU/Linux en ningunha parte do mundo, aínda que en EE.UU. si o fai ‘sempre baixo pedido do cliente mediante a web’.
A acción de HP con [[Ubuntu]] en Europa, que podería interpretarse como un paso previo ao lanzamento de PC con GNU/Linux precargado, podería beneficiar á firma informática ante futuros contratos coa “Junta de Andalucía”, que acaba de anunciar que as súas futuras versións de Guadalinex se apoiarán en [[Ubuntu]].
