As I Xornadas de Software Libre de Monforte do IES A Pingadela en colaboración co Concello de Monforte de Lemos achegarán o Software Libre a esta localidade a través de dúas xornadas que terán lugar os días 1 e 2 de febreiro. As charlas serán de 10 a 13:45 no propio instituto.
O día 2 terán lugar os relatorio dos membros do Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense GULO. As charlas terán por título Sistemas Operativos Libres, O que fago en Windows fagoo en GNU/LINUX e Seguridade en GNU/Linux e serán impartidas por Juan Antonio Añel Cabanelas, Orlando García Feal e Pablo Vázquez Caderno.
