A comunidade de OpenOffice.org anuncia nunha nota de prensa oficial que IBM unirase á comunidade desenvolvedora desta suite ofimática. O xigante da computación fará contribucións de código que foron desenvolvidas como parte do seu produto Lotues Notes, incluíndo melloras de accesibilidade e enriquecendo a calidade do código. Ademais de traballar coa comunidade promoverá o uso de tecnoloxía OpenOffice.org nos seus produtos.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
