Nokia acaba de liberar a primeira versión de “Modest”, un novo cliente de correo electrónico para dispositivos móbiles e Internet Tablets que funcionan con GNU/Linux. Ao mesmo tempo Igalia anuncia que estivo traballando no desenvolvemento de Modest a da tecnoloxía sobre a que se basea durante máis dun ano.
Modest é lixeiro, con todas as características dun cliente de correo e optimizado para hardware con limitados recursos como dispositivos móbiles como as Internet Tablets Nokia N800/N810, aínda que se pode usar en calquera PC executando GNU/Linux grazas a que foi deseñado sobre Maemo e a plataforma GNOME Mobile…
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.igalia.com
