Juan Javier Martínez, do proxecto Acuática, dará unha perspectiva histórica das aplicacións de usuario libres. Alberto Jaspe (socio de GPUL) falará do uso do Software Libre na investigación e explotación de aplicacións gráficas interactivas e Antonio Seoane, centrarase nos terreos da realidade virtual e visualización tridimensional en tempo real.
As xornadas terán lugar na Aula de Grados da Facultade de Informática de A Coruña o próximo martes día 6 de marzo de 2007. Para rexistrarse é preciso cumprimentar o formulario de preinscrición que xa está dispoñible. A preinscrición non é obrigatoria (salvo para aqueles que desexen un certificado de asistencia) pero axudará a estimar a asistencia.
Máis información: GPUL
