O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) organiza o III Obradoiro de Criptografía, Seguridade e Privacidade, que terá lugar o día 13 de xullo na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Nesta terceira edición do Obradoiro, como novidade, extendemos os contidos a materias afíns á criptografía, e que veñen a complementar unha visión máis global (e tamén práctica) da seguridade da información…Así pois, ademais do tema tradicional do obradoiro, tratarase a copia de seguridade, recuperación de datos e prevención e eliminación de virus. A asistencia é totalmente gratuita, aínda que compre preinscribirse na web do obradoiro, onde se pode atopar o programa completo.
Ligazóns:
- Web da xornadas: http://www.gpul.org/jornadascripto06
- Cartel das xornadas: http://www.gpul.org/jornadascripto06/jcripto06.pdf
