Os ciclos superiores de informática do IES Leliadoura de Ribeira están a organizar as III Xornadas Tecnolóxicas do centro, un conxunto de actividades formativas e lúdicas, relacionadas coas novas tecnoloxías e que terán lugar no IES entre os días 10 e 13 de marzo.
Durante as xornadas haberá diversas actividades como cursos e talleres, charlas, presentacións e concursos. Entre estas actividades haberá un curso/taller de iniciación ao Software Libre con Ubuntu, unha charla sobre o sistema gráfico dun PC e os novos escritorios Compiz e material didáctico na rede para clases de inglés con Moodle, entre outras moitas actividades…
Esta ano, como novidade, convidan a participar a todos os institutos de bacharelato do Barbanza, desde Noia á Padrón.
Podes atopar información sobre anteriores edicións descargando a seguinte presentación.
E a pesar de que aínda quedan unas semanas para o evento, algunhas actividades xa deron comezo, coma un primeiro concurso para deseñar a camiseta que se regalará a tódolos participantes das xornadas.
Para máis información podes consultar: http://leliadoura.com.es
