Dende
Entre as razóns que se dan están as seguintes:
- Xa existe un formato de documento aberto que é estándar ISO, (ISO26300 – ODF).
- Non existe unha implementación práctica da especificación: o MS office 2007 produce unha versión especial do ooxml, que non é exactamente un formato que se conforme á súa especificación.
- Falta información na especificación, por exemplo cómo facer un autoSpaceLikeWord95 ou useWord97LineBreakRules.
- Máis do 10% dos exemplos mencionados no estándar non validan a conformidade da linguaxe XML.
- É case imposible escribir un software que implemente na súa totalidade a especificación ooxml sen infrinxir patentes ou ter que pagar licenzas a terceiros.
- Este estándar entra en conflito con outros estándares da ISO, tales como ISO 8601 (representación de datas), ISO 639 (códigos para a representación de nomes e de idiomas) ou ISO/IEC 10118-3 (hash criptográfico).
- Existe un bug na especificación ao tratar formatos de datas en follas de cálculo onde non é posible ter datas anteriores ao ano 1900. Este bug afecta á especificación de OOXML así como ás versións do programa tales como Microsoft Excel 2000, XP, 2003 ou 2007.
- Este estándar non foi creado en base a consulta de distintas partes (tales como empresas desenvolvedoras, vendedores, usuarios, …), única e exclusivamente participou Microsoft.
