Inkscape foi nomeado como o proxecto máis destacable no mes de agosto en SourceForge.net. Os proxectos gañadores en anteriores ocasións pódense consultar na seguinte ligazón: http://sourceforge.net/potm/.
Inkscape é un editor de gráficos vectoriais escalables (SVG) multiplataforma e con licenza libre que pode substituír a distintos programas propietarios como o Adobe Illustrator ou o Macromedia Freehand. O obxectivo principal de Inkscape é respectar os estándares da especificación SVG ademais de tentar ser o mellor editor SVG. Tamén están moi centrados en deseñar unha interface intuitiva para os novos usuarios pero igualmente potente para os deseñadores e artistas profesionais.
As orixes do Inkscape remóntanse a un software chamado Sodipodi. O punto de partida foi o código de Sodipodi, mais a interface de usuario foi redeseñada e a linguaxe de programación cambiouse de C a C++…
A última versión de Inkscape é a 0.45.1 e atópase traducida ao galego entre outros moitos idiomas.
Captura de pantalla de Inkscape:
Ligazón á páxina de Inkscape en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/inkscape
