
O conxunto de aplicacións ofimáticas
KOffice na súa versión 2.0 estará
dispoñible como aplicación nativa en Microsoft Windows e Mac OSX. Será unha das novidades de KDE 4 que está a punto de ver a luz. Outra das novidades máis interesantes de KOffice é a posibilidade de contar cun corrector ortográfico e gramatical que se desenvolverá a través do proxecto
Sonnet. O proxecto
Kross, pola súa banda, traballará no soporte para script de aplicacións. Cabe destacar que KOffice, ao igual que OpenOffice, traballa co formato
OpenDocument.
Entrementres o pasado día 27 de xaneiro saíu a versión 3.4 de
KDEDevelop, a contorna de programación de KDE, que detectou e solventou máis de 500 erros da versión anterior e inclué melloras en Qt4, C++, Ruby e PHP.