Democracy é un reprodutor multimedia que é capaz de reproducir case calquera formato dispoñible na rede, dende Quicktime, WMV, MPEG, [[Xvid]] e mesmo Flash, até seguir os programas de televisión dos videoblogs, vídeos de YouTube, Google Video, DailyMotion e outros servizos de vídeo.
A última versión é a beta 0.9.6, e é unha das últimas versión co nome Democracy, antes de que pase a chamarse definitivamente Miro Player.
As características máis destacadas deste software son:
- Reproducir case calquera formato de vídeo.
- Subscribirse a calquera RSS de vídeo, podcast ou vídeo blog. Explorar unhas 1000 canles gratuítas coa guía de canles incorporada…
- Descargar e gardar vídeos de YouTube, Google Video, Yahoo Video e outras webs.
- Ver vídeos en alta definición e a pantalla completa.
- E moitas máis características …
