Mancomún

Lanzamento da versión 1.0 de Bazaar

Canonical Ltd., a empresa que está detrás de Ubuntu, anunciou esta semana o lanzamento da versión 1.0 de Bazaar. Un gran fito para calquera proxecto polo grao de madurez que implica. Esta nova versión incorpora miles de contribucións, ducias de novos colaboradores, centos de erros corrixidos. Un sistema flexible, poderosamente simple e moi doado de usar.

Bazaar é un sistema de control de versións que permite que múltiples desenvolvedores distribuídos poidan contribuír en proxectos software de xeito independente pero de forma controlada. En palabras de Mark Shuttleworth, “está deseñado para equipos globais de desenvolvedores que traballan colaborativamente”.

Bazaar distribúese baixo licenza GPL, ou en termos comerciais se se desexa integrar en aplicacións comerciais. Canonical tamén proporciona soporte ás compañías que adoptan a ferramenta.

Fontes:

AGNIX
Anuncio oficial na web de Ubuntu 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal