Dende a páxina web de Fedora anunciouse onte o lanzamento de Fedora 7 (Moonshine).Esta nova versión conta con varias modificacións na estrutura do proxecto, unha delas é a dispoñibilidade de distintas variantes (spins) de Fedora, con varias versións e dispoñible para tres arquitecturas.
Os usuarios contan coas seguintes variantes:
- Unha contorna de escritorio GNOME e KDE baseado nas imaxes Live que se poden instalar no disco duro. Estes spins están feitos principalmente para usuarios de escritorio que prefiren a instalación nun único disco e comparten Fedora cos amigos e a familia.
- Unha imaxe regular para escritorios, estacións de traballo e servidores de usuarios. Este spin é sinxelo de actualizar e conta cun entorno similar para usuarios de versións anteriores de Fedora.
- Un conxunto de imaxes de DVD que inclúen todo o software instalable nos repositorios de Fedora. Este spin está adicado a usuarios que non teñen acceso a internet e prefiren ter o software dispoñible nun disco.
Ademais Fedora 7 conta con GNOME 2.18 e KDE 3.5.6, Xorg Server 1.3, un xestor de rede que conta cunha contorna gráfica que permite aos usuarios seleccionar rapidamente entre redes sen fíos e por cable e moitas cousas máis que podedes ver na lista de cambios.
Para obter esta nova versión de Fedora podedes descargala dende a páxina web, http://fedoraproject.org/get-fedora.html
