O proxecto [[Debian]] vén de anunciar a liberación oficial de Debian GNU/Linux versión 4.0, denominada etch, despois de 21 meses de desenvolvemento constante.
Esta versión introduce unha nova contorna gráfica desenvolvida para o sistema de instalación soportando scripts de carácteres compostos e linguas complexas; o sistema de instalación agora está traducido a 58 linguas por Debian GNU/Linux.
Esta versión inclúe paquetes actualizados de software, como a contorna K Desktop 3.5.5a ([[KDE]]), unha versión actualizada da contorna GNOME desktop 2.14, a contorna [[Xfce]] 4.4 desktop, o GNUstep desktop 5.2, X.Org 7.1, OpenOffice.org 2.0.4a, [[GIMP]] 2.2.13, Iceweasel (unha versión independente de Mozilla Firefox 2.0.0.3), Icedove (unha versión independente de Mozilla Thunderbird 1.5), Iceape (unha versión independente de Mozilla Seamonkey 1.0.8), PostgreSQL 8.1.8, MySQL 5.0.32, a colección de compiladores GNU 4.1.1, Linux kernel versión 2.6.18, Apache 2.2.3, Samba 3.0.24, Python 2.4.4 e 2.5, Perl 5.8.8, PHP 4.4.4 e 5.2.0, Asterisk 1.2.13, e máis de 18.000 paquetes de software listos para usar…
A actualización a Debian GNU/Linux 4.0, é xestionada automaticamente pola ferramenta de administración do paquete de aptitude para a maioría de configuracións, e ata certo punto tamén pola ferramenta de administración de paquetes apt-get.
Tamén podes descargar o cd de instalación dende a ligazón Debian GNU/Linux on Cds.
