Slackware anunciou a liberación da súa nova versión estable 12.0. Esta nova versión conta coas características do Kernel 2.6.21.5 tales como o soporte de volumes SCSI e ATA RAID, soporte para SATA, Software RAID e LVM. Tamén inclúe soporte no Kernel para X DRI co que se consegue aceleración por hardware para gráficos 3D en Linux.
Entre as características desta nova versión de Slackware atopamos:
-
Os escritorios Xfce 4.4.1 e KDE 3.5.7.
-
Glibc 2.5.
-
X11 7.2.0
-
Gcc-4.1.2 como o compilador empregado por defecto para C, C++ , Fortran 77/95 e Ada 95.
-
Soporte para conexións de rede completamente encriptadas con OpenSSL, OpenSSH, OpenVN e GnuPG.
-
Servidor web Apache 2.2.4. con soporte para Dynamic Shared Object, SSL e PHP 5.2.3.
-
Soporte para PCMCIA, CardBus, USB, IEE1394 (FireWire) e ACPI.
-
Novas ferramentas de desenvolvemento incluíndo Perl 5.8.8, Python 2.5.1, Ruby 1.8.6, Subversion 1.4.4, git-1.5.2.2, mercurial-0.9.4, ferramentas gráficas como o deseñador Qt e Kdevelop.
-
Navegadores web Konqueror 3.5.7, SeaMonkey 1.1.2, Firefox 2.0.0.4, así como o xestor de correo Thunderbird 2.0.0.4.
-
A versión de KDE 3.5.7, incluíndo Koffice, ferramentas de rede, KDevelop, ferramentas multimedia, o navegador web e xestor de arquivos Konqueror, xunto con ducias de xogos e utilidades.
-
A colección de aplicacións baseadas en GTK+, pidgin-2.0.2, gimp-2.2.15, gkrellm-2.2.10, gxine-0.5.11, xchat-2.8.2, xsane-0.994 e pan-0.131.
A lista completa de melloras e actualizacións pódese ver no ficheiro,
ftp://ftp.slackware.com/pub/slackware/slackware-12.0/PACKAGES.TXT
A versión completa de Slackware 12.0 está dispoñible para descarga por ftp dende o servidor central de ftp de Slackware,
ftp://slackware.osuosl.org/pub/slackware/slackware-12.0/
ftp://ftp.slackware.com/pub/slackware/slackware-12.0/
Tamén se pode obter a lista completa de servidores dende http://slackware.com/getslack/
