Xa está dispoñible para descarga a versión 1.5 da distribución galega Trisguel GNU/Linux de nome en clave Sirona.
Esta nova versión, como xa é habitual, inclúe máis de 1.000 paquetes de software preinstalado dun total de 20.000 dispoñibles, e todos 100% libres.
A versión 1.5 de Trisguel servirá de base para Trisguel Empresas 1.0 que será presentada no SIMO ’07, do 6 ao 11 de Novembro.
Entre as novas características desta nova versión destacan:
-
Kernel 2.6.22, con máis de 1700 drivers.
-
Gnome 2.18.
-
OpenOffice.org 2.2, con correctores de galego e castelán.
-
Gimp 2.4.
-
Novo sistema gráfico autoconfigurable (Xorg 7.2 + xrandr).
-
Melloras no sistema de impresoras, 1500 modelos soportados.
-
Aspecto renovado.
-
Novo sistema de arrinque live-initramfs.
Os usuarios de Trisguel 1.0 poderán pasar á 1.5 mediante o xestor de actualizacións.
A imaxe iso do CD pode descargarse dende a ligazón.
