Xa está liberada a versión estable de Yoper GNU/Linux 3.0. cuxo nome en clave é ‘Titanium’. Yoper é unha distribución para procesadores i686 e compatibles onde cada paquete foi optimizado coidadosamente.
Está nova versión conta co Kernel 2.6.21.1 co ck-patchset que inclúe o planificador de procesos SD. Ademais tamén dispón de:
-
Xorg 7.2, KDE 3.5.7
-
Koffice 1.6.3
-
Firefox 2.0.0.4
-
Así como cun amplo número de paquetes de última xeración. Lista completa de cambios…
Esta versión está dispoñible en catro formatos diferentes:
- O slim cd de aproximadamente 142 MB feito para aqueles aos que lles gusta construír o seu propio sistema.
- O single cd de 690 MB é a opción ideal para o usuario intermedio.
- O live cd de 705 MB.
- O DVD Version de 3.7 GB especialmente adicado a aqueles que non teñen Internet e precisan de tódolos paquetes dispoñibles.
Fonte:
http://www.yoper.com/announcements/yoper-3.0/
http://diariolinux.com/
