Onte liberouse a cuarta versión alfa do reprodutor libre de Flash do proxecto GNU. Esta nova versión, posiblemente a última alfa, resulta máis estable cás versións anteriores. Gnash soporta tanto a maioría dos apcodes de Flash ata a versión 7 como unha gran cantidade de clases de ActionScript 2 para a versión 8.5. Actualmente trabállase en dar soporte á versión 9 de Flash e ActionScript 3…
